Información y Reservas: +34 606 221 533

Campamentos y Excursiones para colegios

Excursión de Convivencia e Campamentos.

Promocion ColegiosNas nosas actividades os nenos e nenas poderán desenvolver a súa personalidade como membros do grupo, ao tempo que gozan do tempo de lecer con novos recursos. Temos unha promoción especial para colexios.

Tódalas actividades levaranse a cabo de forma lúdica, onde o neno ou nena participa activamente no transcurso de toda a excursión.

As actividades son dirixidas e realizadas sempre por un equipo de MONITORES TITULADOS, que se farán cargo do grupo dende que chegan ao Albergue ata o momento da súa partida (no caso de alumnos/ as de E.S.O., os mestres acompañantes serán os responsables fóra das horas de actividade).

Realizarase un PROGRAMA DE ACTIVIDADES adaptado a cada grupo en función das condicións climátolóxicas, idades, temporalización e criterio do equipo de monitores co obxecto de adaptarnos ao mellor posible aos gustos do grupo e da realidade de cada día.

Paquete Básico

DIA 1 DIA 2 DIA 3
  • Benvida nas instalacións
  • Presentámonos e coñecemos as normas e a contorna.
  • Xogos de presentación
  • Xogos de Animación.
  • XANTAR
  • Tempo de lecer dirixido
  • Xogos na praia fluvial (cooperativos, predeportivos, de baño… )
  • Tempo de lavarse un pouco
  • CEA
  • Velada: Gran xogo nocturno
  • Decia mañá
  • Bos días
  • ALMORZO
  • Tempo para lavarse
  • Sendeirismo pola contorna
  • XANTAR
  • Tempo de baño e deportes na auga
  • CEA
  • Velada: Gran xogo nocturno
  • Decia mañá
  • Bos días
  • ALMORZO
  • Tempo para lavarse
  • Despertamos xogando: xincana, xogos predeportivos…
  • XANTAR
  • Tempo de lecer dirixido
  • Obradoiro
  • Ata pronto!

Escolle actividades

Podes facer o teu propio paquete escollendo as actividades que queredes facer...

Escolle as datas

Dinos en que datas estades pensando en facer a vosa excursión e cantas persoas seredes.

Pídenos presuposto

En función das caraterísticas do voso grupo enviarémosvos un orzamento personalizado.

Para facer o teu propio paquete, podes escoller entre unha boa recua de actividades:

  • Xogos na praia fluvial
  • Sendeirismo
  • Rastrexos
  • Animación
  • Obradoiros (cestería, velas, refugallo, xabróns, monicreques, horta, tecido, transformación de alimentos, fotografía natural… )
  • Xogos de Rol en vivo
  • Orientación

  • Coñecemento do Río e os seus habitantes
  • Cadernos de campo de contido ambiental
  • Veladas
  • Construcións
  • Vivaques
  • Búsquedas do tesouro
  • Xogos e xincanas..
  • Iniciación ao rafting
  • Canoas de río.

  • Si te interesa, contáctanos y te haremos presupuesto sin compromiso

Pedir Presupuesto

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, si quiere más información pinche aquí para saber más sobre la política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies