Excursión de Convivencia e Campamentos.
Nas nosas actividades os nenos e nenas poderán desenvolver a súa personalidade como membros do grupo, ao tempo que gozan do tempo de lecer con novos recursos. Temos unha promoción especial para colexios.
Tódalas actividades levaranse a cabo de forma lúdica, onde o neno ou nena participa activamente no transcurso de toda a excursión.
As actividades son dirixidas e realizadas sempre por un equipo de MONITORES TITULADOS, que se farán cargo do grupo dende que chegan ao Albergue ata o momento da súa partida (no caso de alumnos/ as de E.S.O., os mestres acompañantes serán os responsables fóra das horas de actividade).
Realizarase un PROGRAMA DE ACTIVIDADES adaptado a cada grupo en función das condicións climátolóxicas, idades, temporalización e criterio do equipo de monitores co obxecto de adaptarnos ao mellor posible aos gustos do grupo e da realidade de cada día.