Estades nunha das súas alcobas, onde ven, con frecuencia, a pasar as horas. Tanto, que temos razóns para pensar que por aquí garda baixo chave o seu corazón desenganado. O Corazón do xacio non é doado de ver, pois está protexido por un meigallo. A xente de mal pensamento ve o corazón con forma de castrón cabreado do que adoitan fuxir. Pero a xente de ben, ve unha simple froita.
Deberas probar a túa chave para ver en que cofre está o corazón. Pero se te equivocaches de chave deberás volver atrás a buscar outra.
Pensa que soamente hai unha chave por cofre, podes ir a buscar outra e probar todas as veces que queiras as chaves pero cando remates únicamente poderás levar contigo a que abriu o teu cofre; o resto deberán voltar ao sitio no que estaban.
Ese corazón que atopes, froita ou castrón, deberá acompañarte o resto do camiño.